Este mércores, foi a mamá da nosa compi Sara quen nos leu un contiño, cargado de bosquexos e amizade!
Encantounos!! Gracias a moreas!!
Este mércores, foi a mamá da nosa compi Sara quen nos leu un contiño, cargado de bosquexos e amizade!
Encantounos!! Gracias a moreas!!
Hoxe, creamos unha abella en equipo, escoriamos ao equipo, poñémomos de acordo, decidimos materiais para representar cada parte e… mans a obra!
E o contiño deste martes oímolo da voz de Natalia, nai do noso compi Martín!
Canto nos gustou!! Gracias por vir!
Nesta semana do libro… Juan, o pai da nosa compi María, contounos un conto con moooita maxia.
Encantounos!!
Polos corredores do cole vimos una carteis sobre as abellas, descubrimos que os crearon algúns nenos e nenas da aula de 2º.
Hoxe, explicáronnos un montón de curiosidades!
Queremos que as abellas teñan moitos lugares onde coller néctar, así que saímos ao bosque e… puxémos unhas sementes de flores en envases reciclados. Estamos desexando velas medrar.
Collimos terra do noso invernadoiro e aproveitamos para ver o grandes que están as leitugas e coliflores que plantamos, en nadiña xa as podemos levar ao prato!!